Reflexión sobre os estilos de ensinanza.

 Os estilos de ensinanza teñen como finalidade conseguir que os alumnos adquiran os obxetivos previstos.Cada estilo podese adaptar a unhas caracteristicas concretas, como pode ser a idade, o grado de participación dos alumnos, a compensión, coñecementos e capacidades de cada alumno, etc.

Considero que todos os estilos son efectivos e correctos, ainda que personalmente creo que se deberían usar varios enlazados e non acollerse a un só que nos resulte fácil e cómodo. No meu caso gustaríame realizar un maior número de estilos productivos que de reproductivos, pois os productivos fomentan a creatividade, a solución de problemas e vai moito máis alá da aprendizaxe das capacidades básicas ou especificas necesarias para un deporte en concreto.

O estilo utilizado en clase que máis me chamou a atención foi o descubremento guiado, xa que foi divertido poder ir buscando solucións tácticas, e ter unha independencia a nivel de xogo co monitor. Outro estilo a destacar foi o estilo socializador pois non nos centramos tanto na actividade fisica en si, senon que aprendemos valores como poñernos na papel de outras persoas, no noso caso do arbitro, o entrenador e o capitán do equipo.

Comentarios