Estilo Espalda


Introducción:

O estilo espalda ou tamen chamado "crol de espalda" é coñecido por ser o terceiro estilo máis rápido e tamén por ser o único no que a cara non queda nunca sumerxida baixo a auga. Este estilo consiste na acción alternativa de brazos e pernas en posición dorsal, é decir sobre a espalda. O feito de non ter que sumerxer nunca a cabeza fai que a coordinación da respiración non sexa tan necesaria como noutros estilos ainda que sí importante para mellorar a resistencia e reducir o máximo posible a aparición da fatiga.


O que diferenza o estilo espalda dos outros estilos de natación, son as técnicas a levar a cabo para realizalo:

Técnica de cada movemento do estilo espalda:

  • Pernas:
A acción de pernas ten como función fundamental manter o corpo en posición horizontal, e compensar e equilibrar a acción de brazos. Esta acción consiste no batido alternativo de ascenso e descenso das pernas en diagonal. O batido das pernas consiste no doblamento da rodilla e a flexión do tobillo pola planta, de maneira alternativa entre ambas pernas, é decir que, cando a perna esquerda descenda a perna dereita ascenda. Cada ciclo da acción de brazos debe conter 12 patadas (6 batidos ascendentes e 6 descendentes). É importante que as rodillas nunca rompa a superficie da auga. 







  • Brazos:
A brazada do estilo espalda conta con dúas fases: o barrido ou fase acuatica e o recobro ou fase aérea. 
  1. O barrido ten catro etapas: a primeira delas comeza ca entrada da man da cal o dedo maimiño é o primeiro en entrar en contacto ca auga realizando así o primeiro barrido  descendente, consecutivamente no segundo barrido, xa ascendente, realizase o agarre no que se inicia a propulsión e o outro brazo comeza a saír a superficie. O tercer barrido descendente, que consigue a máxima propulsión e o último barrido ascendente no que a man xa comeza a realizar o recobro.
  2. O recobro ou fase aérea é o movemento que se leva a cabo dende que sae o brazo da auga, apuntando na dirección das pernas, ata que o maimiño toca de novo a superficie da auga. O brazo debe realizar o movemento verticalmente a posición do corpo, de maneira que pola forza exercida o corpo xire lixeiramente hacia ese lado ao entrar na auga.

      • Posición do  corpo: 
      A posición do corpo no estilo espalda é a base dunha boa acción de brazos e pernas.
      A cabeza debéra estar sempre perpendicular a auga, o que conseguiremos se mantemos a auga a ivel da nuca ou miramos arriba cunha inclinación de 45º con respecto a auga. Isto é moi importante porque a cabeza deberá permanecer fixa mentras que o corpo xira hacia un lado e outro no rolido, e para que o rolido sexa efectivo debe manterse unha boa sincronización de pernas e brazos.



      • Coordinación:
      Nas fases anteriores mencionamos moito da importancia coordinación, pero que debemos coordinar?
      • Brazos - Respiración: Para retrasar o máximo posible a fatiga debemos ter en conta a respiración, realizandoa de maneira ritmica: isnpirando cando entra un brazo e espirando cando entra o outro.
      • Brazos- Pernas: a maneira correcta sería  acabando o primeiro batido co final do agarre, o segundo batido co final do momento máximo de propulsión e o terceiro batido na segunda metade do recobro.
      • Brazos - Brazos: Un brazo entra na auga no momento xusto no que o outro realiza a propulsión.
      • Salida: 
      • Viraje:



      Comentarios