Salto de pértiga. Análise comparativo da fase de voo.
INTRODUCIÓN
O obxetivo do salto con pértiga consiste en alcanzar a maior altura posible pasando unha barra colocada entre dous postes, coa axuda dunha pértiga flexible.Neste analise voume centrar na fase de voo, que consiste no momento en que a pértiga se comeza a doblar ata que se endereza e o saltador de espaldas ao chan realiza as posturas L, logo J e finalmente I, que o levará a realizar o xiro e pasar o listón en posición de gamba e finalmente elevar os brazos para iniciar a fase de caida.
ANÁLISE
A continuación vou analizar a fase de voo femenino e másculino.
Competición Femenina:
1ª Saltadora: Realiza un gran impulso dende a postura J ata I, de maneira que o xiro sae moi fluido e pasa o listón moito máis por riba da súa altura. A posición de gamba apenas se aprecia, pois eleva os brazos rapidamente e comeza a caída.
2ª Saltadora: Realiza a postura de L e J de forma moi esaxerada polo que consigue que a barra se doble moito máis e lle dé un gran impulso. Posición de gamba case lateral pois termina o xiro por encima do listón e eleva os brazos cando xa case todo o seu corpo se atopa do outro lado do listón.
3ª Saltadora: A penas de aprecia a postura en L, pois realizaa case sen flexionar a cadeira e esaxera moito a postura J o que parece provocar que non chegye a realizar a postura I totalmente extendida. Posición de gamba con moita máis flexión de cadeira que as anteriores atletas e eleva os brazos no momento en que o listón esta a altura dos hombros.
4ª Saltadora: Realiza unha postura en L moi limpa, xa que se pode apreciar n flexión de cadeira un angulo de 90º grados, ao igaul que a postura I que tamen realiza impecable extendendo totalmente o corpo. Eleva os brazos sen case apreciarse previamente a posición de gamba, cousa que parece perxudicala pois realiza a caída case sen haber pasado completamente o listón.
5ª Saltadora: Gran impulso de postura L a postura J. Non realiza posición de gamba, pois pasa o listón co corpo totalmente paralelo ao chan, extendido e flexionando rodillas.
Competición Masculina:
1º Saltador: Realiza a postura L sen a penas flexionar a cadeira, e na postura I hiperextende cadeira e tronco. Posición de gamba esaxerada e eleva os brazos cando o listón está a altura dos hombros.
2º Saltador: Postura J moi esaxerada xa que se pode apreciar que realiza un cero ou circulo co corpo pois flexiona moito a cadeira. Posición de gamba con moi pouca flexión de cadeira e eleva os brazos demasiado tarde tocando o listón.
3º Saltador: Realiza un gran impulso dende a postura J ata a I de maneira que nesta ultima hiperextende a cadeira, favorecendoo moito na altura ca que pasa o listón. Non realiza posición de gamba e eleva os brazos cando o tronco ainda non pasou o listón.
4º Saltador: Realiza a postura L ca cadeira case extendida e logo impulsase moito para alcanzar a postura J de maneira que se desequilibria e non chega a realizar a postura I caendo sen pasar o listón
5º Saltador: Na postura L realiza 2 pasos, e hiperextende cadeira na postura I. Non realiza a posición gamba pois pasa co corpo extendido en paralelo ao chan e eleva os brazos cando listón está a altura dos hombros.
CONCLUSIÓN
En xeral, todos os saltadores teñen unha técnica moi limpa, ainda que se aprecian moitas diferenzas de uns a outros nas posturas L, J e I. Na competición femenina a gran maioría realizaba a posición gamba, en cambio na masculina non chegaban a realizala ou realizabana moito menos esaxerada.
Na miña opinión a técnica que máis os beneficiaba era o impulso esaxerado de postura J ata a postura I, pois levabaos a realizar un xiro moi fluido e pasar o listón con moita máis altura que os demais, podendo elevar os brazos sen haber pasado listón o tronco e eliminando así a posibilidade de tocalo.
BIBLIOGRAFÍA.
Competición Femenina:
Competición Masculina:
Comentarios
Publicar un comentario