A miña aventura en bicicleta.
O sábado 17 de Abril, unha amiga da infancia e mais eu decidimos pasar unha tarde dando unha volta en bici polos pobos máis peridos de Pedrafita.
Levabamos máis de 5 anos sen facelo, e a verdade facianos ilusión retomalo agora que xa case non nos vemos. Tomamos a ruta que soiamos coller de pequenas, polos vellos tempos. 13 km por carretera, con baixadas e costas bastante importantes. Nas costas, demonos conta de que xa non estabamos tan afeitas como facia anos. Pasamos unhas 2h percorrendo aqueles lares e logo merendamos a beira do rio Navia. Pásamolo moi ben, porque ademais de retomar unha vella costume, volvemos ver os campos, os arbores, o río e os pobos dos que tiñamos tanta morriña en Lugo... e ademais é primavera e estaba todo máis fermoso do que o recordabamos!
Volvemos para casa despois do atardecer, e algunhas costas tivemolas que facer a pé porque xa podía con nos o cansancio. Foi unha tarde de 10, para o recordo.
Comentarios
Publicar un comentario