Metodoloxía: Programación.
Analise da realidade.
A programación levarase a cabo en Pedrafita do Cebreiro, que conta con concello, CPI, banco, restaurantes e bares, gasolinera, tendas de alimentos, ferreterías, farmacia, centro de saúde, oficina de información turistica, casa da cultura, cuartel e un centro de día.
Falando do entorno atopamonos cunha clase media en xeral, unha zona moi favorecida polo turismo pero ao mesmo tempo envellecida pois a gran maioría dos habitantes son xente maior. En canto a formación, 10% con carreira universitaria, 35% con ciclos formativos, 65% con graduado escolar e o outro 20% sen estudos.
Os habitantes de Pedrafita non soen practicar deporte, e o único apreciable con relación é o senderismo dos turistas e os pelegrinos.
O centro de día terá que estar cheo de ocio, tanto para os anciáns como para todo aquel que queira asistir a actividades. É o motivo perfecto para diseñar unha programación de actividades físicas e deportivas. Disporemos para todo iso das varias salas do centro de día, a casa da cultura máis o polideportivo.
Obxectivos:
- Mellorar a calidade de vida dos habitantes de dito concello.
- Promover a vida saudable no rural.
Comentarios
Publicar un comentario